Cós mocos conxelados pegados ó bigote

Posted in Mikkeli, Santtii Peemäälääinen with tags , , on Febreiro 16, 2009 by xandacona

Era un dia precioso. Soleado. Fíxose día ás 7:52. Reluce a neve que da gusto. Hoxe estreo guantes novos. merqueinos antonte e só os puxen da tenda á casa. Hoxe vai se-la prmeira vez que os use coa bicicleta. Como hoxe fai sol, vou levar unha camiseta de manga longa e a cazadora, en vez de camiseta de mangar corta, chaqueta e cazadora.

Saio uns minutos antes para tira-la basura e reservar hora para a lavandería. Son as 8:35 e ainda teño uns minutos. Aínda non puxen os guantes, e parece que non facía tanto calor. Ó entrar no corredor que leva á sala de lavandería noto un golpe de calor. Ó saír noto un golpe de frío máis forte do normal. Aquí pasa algo.

O candado da miña bicicleta adoita semellar un rabo de porco. É deses que son un cordón de fíos de aceiro. Deses que da moito traballo cortar. Ese tipo de candado que está enroscado e por moito que tires del, sempre volve á forma orixinal. Hoxe case non son capaz de dobralo para metelo no bolsilllo. Ese é o eu termómetro de tódalas mañás. Segun a rixidez do candado, así está of frío. Hoxe está moi duro.

De camiño parece que os novos guantes non serven para nada. Teño as puntas dos dedos conxeladas. Cústame apreta-lo freo da bicicleta. Os baqueiros están tan ríxidos que semella que van escachar. Ó pouco sinto o bigote duro. Botolle o guante e vexo que levo escarcha baixo o nariz.

Cando chego á universidade miro o panel do termómetro. Menos dazaseis graos! Agora comprendo eu… Pois mira que fai un sol xeitosiño… Cando chego a clase comprobo que en Rovaniemi están a -27. A ver se suben as temperaturas alí, que pó sábado vou para Laponia. Xa vos contarei a viaxe.

Pillow fight

Posted in Uncategorized on Decembro 24, 2008 by xandacona

O meu compañeiro de piso Benoit decidiu convocar unha pelexa de almofadas na praza do macdonalds. Ó fian asistimos menos dos que críamos, pero fomo suficientes para pelexar un rato. O máis raro é que a xente non se extrañou do que fixemos. Parecía como si todos eles fixeran iso bastantes veces e fose unha cousa normal. De todos xeitos, aquí vos deixo os vídeos para que decidades si é normal ou non. Foi ás 5:30 da tarde.

A carreira pola neve de Pepe e Mate

Posted in Uncategorized on Decembro 24, 2008 by xandacona

Na última festa do ano á que eu asistín, que por certo foi na miña habitación o día antes da miña partida, pasou isto:

Video moas dous

Posted in Uncategorized on Decembro 16, 2008 by xandacona

A bici-xeo – Outros xeitos de afociñar

Posted in Uncategorized with tags , , on Decembro 2, 2008 by xandacona

Onte foi un día máis. Un calquera. Frío. Soamente cambiou unha cousa. A madrugada foi distinta. A choiva desfixo a neve, que pouco a pouco tornou en xeo. Agora largas laxes de xeo cubren os longos camiños que me levan á universidade. Preto da segunda ponte, na explanada, uha gran pista de patinaxe aparece en fronte da miña bicicleta. Nin vires, nin frenes, nin aceleres, nin tusas. Non perdas a atención. Pero qué carallo é iso que camiña en fronte de min! Escorregazo! Afociñazo no chan. Mollado de arriba a abaixo.

Ergo a cabeza, aínda no chan, e vislumbro entre a borraxeira unha estraña silueta,  un axitado movemento, uns sons estalantes  e unha estravagante combinación de cores. Diante de min hai unha enorme rosa funda de contrabaixo. Uns dous metros e medio de cabo a rabo. Por debaixo dela vense os cincuenta centímetros inferiores dunhas esbeltas pernas de muller, con pantalón negro apretado e rematadas nuns zapatos de tacón de agulla modelo “noche de fiesta”, tamén negros. Semellante ente camiña sobre o cristalino xeo a pasos curtos, uns vinte centímetros por pasada. Con forza, bate os tacóns contra o chan, quizás coa intención de cravar o calzado en cada avance para asegurar a súa verticalidade. Tales choques provocan estralazos que resonan no xeo,  na paisaxe e no interior da miña mancada cabeza. Camiña como un pingüino. Como a miña dentista de cabeceira Doña Rita. Unha muller de metro vinte que a pesar de precisar unha prótese de cadrís usa zapatos máis altos cá ela. Pero isto non era unha muller. Era un contrabaixo rosa con zapatos de tacón camiñando coma un pingüino a oscuras polo xeo. I eu vexoo dende abaixo, metras a humidade se aproveita da miña abraiada inmovilidade para seguir calando na roupa. Se tivese unha cámara de tirar fotos aquí… Ninguén mo vai crer!

Como podo, deslízome ata a gabia arastrando comigo a bicicleta. Aquí o chan é menos escorregadizo. Monto nela e adianto ó contrabaixo. Terá cara? Non mires para atrás! Estás sobre a ponte e xa non hai gabia que vala. Non mires cara atrás. Non vaias afociñar de novo.

Advanzadillos

Posted in Asignaturas, clases, Universidad on Novembro 29, 2008 by xandacona

Temos unha asignatura que se chama Advanced Computational Methods. Estamos a aprender a traballar coa derivada de Laplace e algunhas cousiñas máis. Sólo uns cantos espavilados decidimos facer esa asignatura, coitados de nós. Isto provocou que Alex dixese que a materia era só para advanzadillos, polo que lle quedou ese nome. Aquí estan os meus tres compañeiros de clase.

a man de Pepe (Spain), Gabriel (Galiza), Atila (Hungria) e Mate (Hungria)

De Esquerda a dereita: a man de Pepe (Spain), Gabriel (Galiza), Atila (Hungría) e Mate (Hungría)

Un extraño deporte no MOAS

Posted in Deporte, MOAS with tags , on Novembro 29, 2008 by xandacona

Pois non hai máis explicación que amosar unhas fotos. Resulta que por aquí á xente non lle importa moito o frío. Para ir á sauna, á lavandería, dun apartamento ó outro, … usan calzado especial para a neve. A ver si consigo unha foto da alemá Kerstin, que sempre vai á sauna paseando en biquini e chanclas pola neve ainda que estemos a -4.

Chancla-walking, deporte oficial do MOAS

Chancla-walking, deporte oficial do MOAS

A bici-neve

Posted in Deporte, Universidad with tags , , , on Novembro 29, 2008 by xandacona

A principio de semana, cando o dos afociñazos, saín algo tarde da universidade. Ás cinco da tarde xa era noite pechada. Estas son as imaxes do meu medio de trasporte e da universidade á ora de saír.

A bicicleta preparada para ir á casiña

A bicicleta preparada para ir á casiña

Por aqui vaise para casa

Por aquí vaise para casa

Afociñazo comentado por uha vella finesa

Posted in Deporte with tags , , on Novembro 26, 2008 by xandacona

Hoxe tiven unha afoziñada de tipo curva. Cabeza na cuneta. Coma outra calquera se non fose porque hoxe tiven unha expectadora que decidiu comenta-la xogada. Cando eu estaba recompoñéndome e sacudindo a neve que aínda me quedaba entre a capucha e a cabeza, a muller dixo algo en finñes. Non estou seguro das verbas que a muller escolleu para decilo. Nen sequera estou completamente seguro do que dixo, pero fíxenme a idea de que era algo tal que así:

-Con que crías que viñas a Finlandia a estar sempre de festa e que a neve era igual de bonita que nas postais, ¿non sí?. Pois agora fódete. Vas a estar enterrando a cabeza na neve ata abril.

Parte de afociñazos

Posted in Deporte, Santtii Peemäälääinen with tags , on Novembro 26, 2008 by xandacona

Afociñazos coa bicicleta:

Luns

Martes

Mercores

TOTAL

Curvas

0

1

1

2

Frenadas

0

1

0

1

Encalladas

0

0

1

1

TOTAL

0

2

2

4

É que montar na bici pola neve non é unha modadlidade de ciclismo, é un deporte novo. Un deporte extremo.

O freno traseiro da miña bicicleta non traballa ben. O de diante é o botón da catapulta; con solo rozalo, acabas no chan en décimas de segundo. Para frenar, o mellor é meterse na neve. Para frenar pouco, mete-las rodas na neve. Para frenar moito, mete-la cabeza.

Descripción das modalidades de caída:

  • Curvas: Cando, cedo pola mañá, tomas as curvas como nunha bicicleta normal sen decatarte das propiedades do chan. Tes que levar a bici coma se fose un coche: non podes pegar aceleróns, frenadas nin xiros bruscos. Cun xiro brusco a roda vaise hacia o lado contrario e a túa cabeza acaba máis ou menos donde querías poñe-la roda.
  • Frenada: Cando paras a bici afundindo a cabeza na neve porque pulsaches o botón da catapulta.
  • Encallada: Chamaremos encallada ó estilo de caida no que afociñas sen facer nada:
    • Metes as rodas nun feixe de neve virxe, que te frea de golpe. A neve insta á túa roda a seguir unha traxectoria diverxente da da túa cabeza. Roda para alí, cabeza para aquí, afociñada!
    • Cando hai pisadas de xente ou marcas de rodas que crean irregularidades no firme. Normalmente estas irregularidades fan que a roda dianteira siga traxectorias non desexadas, mentres que a túa cabeza sigue a traxectoria que lle corresponde por inercia. Xa sabedes cómo sigue.