Archive for the comedor Category

Salsatrón 2000

Posted in comedor, Universidad with tags , , on Setembro 30, 2008 by xandacona

Hoxe, como case sempre, comín na cantina da universidade. A comida é bastante variada: salsa con patatas, salsa con salchichas, salsa con puré, salsa con pasta, salsa con pseudo-carne, salsa con pseudo-peixe, salsa  con “meatballs” (comida do can)… e pan para mollar! O bo é que soamente custa 1.80€ se tes o carné de estudante; e eu teñoo.

Suponse por aquí que a universidade ten unha máquina capaz de facer toneladas de salsa coas sobras dos días anteriores. Supoñemos tamén un nome lóxico para esa máquina: “Salsatrón 2000”, que en finés ten que ser algo así como “Cöömesööbrsasdööntettritturadääs kaksi tuhatta” (fonte). Cando poida enviarei unha foto deste invento digno dos romanos, na época na que tiñan que alimentar ós escravos.