Archive for the MOAS Category

Un extraño deporte no MOAS

Posted in Deporte, MOAS with tags , on Novembro 29, 2008 by xandacona

Pois non hai máis explicación que amosar unhas fotos. Resulta que por aquí á xente non lle importa moito o frío. Para ir á sauna, á lavandería, dun apartamento ó outro, … usan calzado especial para a neve. A ver si consigo unha foto da alemá Kerstin, que sempre vai á sauna paseando en biquini e chanclas pola neve ainda que estemos a -4.

Chancla-walking, deporte oficial do MOAS

Chancla-walking, deporte oficial do MOAS

Benoit (benuá), o meu compañeiro de piso.

Posted in Compañeros, MOAS with tags , on Novembro 23, 2008 by xandacona

benuá!

benuá!

O bar de xeo

Posted in Compañeros, farra, MOAS with tags on Novembro 22, 2008 by xandacona

O outro día nevou e aproveitamo-la neve para facer un par de columnas. Logo decidimos poñer un muro a cada lado. Logo viñeron as vigas. ¿por qué non facemos unha xanela aquí?. Esta parede ten que ser maís alta. Podemos facer unha barra aquí.

Pois isto é o que saíu. Con paredes de mais de medio metro de ancho.

Parte do equipo de construción pousando ante a obra.

Parte do equipo de construción pousando ante a obra.

De esquerda a dereita Andrei (Sant Petersburgo, Rusia), Jose Luís alias Pillow Bitter (Almería, España), Benoit (Bretaña Francesa, Francia) e Gabriel (Ganade, Galiza).

Construindo. Andrei tivo a idea orixinal.

Construíndo. Andrei tivo a idea orixinal.

Dende o meu balcón

Dende o meu balcón

A primeria columna, actualmente destruida

A primeria columna, actualmente destruida

Segunda nevada

Posted in MOAS, Santtii Peemäälääinen with tags on Novembro 19, 2008 by xandacona
19112008segunda_nevada-007

As bicicletas dalgúns dos meus compañeiros

19112008segunda_nevada-003

Vista dende o meu balcón

Primeira nevada da temporada

Posted in MOAS, Santtii Peemäälääinen with tags , , on Novembro 17, 2008 by xandacona

Hoxe amenceu nevado por primeira vez dende que estou aquí. Onte pola tardiña xa estivo nevando un pouco e chegou a callar sobre os coches. Pero hoxe á mañá é diferente. Todo o asfalto está coberto de neve. As zonas con herba tamén están conxeladas. Non é unha capa de neve que sirva para xogar con ela nen para parar o tráfico, pero é neve e xa tinguiu Mikkeli de branco. Non o digo ledo ou excitado. É un dado meteorolóxico que significa que vou a ter que deixar de ir en bicicleta á universidade.17112008primeira_nevada-004_pequena

A foto foi tomada ás 8 da mañá, máis ou menos, sen flash e con sensibilidade ISO-Hi dende o meu balcón, na segunda planta. Non hai moita luz. O caseto aquél é donde metemos a basura.
A seguinte foto é dende a xanela do meu apousento.

17112008primeira_nevada-006_pequena

Pois sí, parece que me caen as piñas no tellado…