Archive for the chinos Category

China acaricia cadelos

Posted in chinos, clases, Compañeros, Universidad on Outubro 8, 2008 by xandacona

Nas clases temos sempre os ordenadores prendidos. A quen non lle interesa a clase aprobeita para mirar o correo, fozar no facebook (www.facebook.com), xogar a algo, durmir,… A maioräia dos chinos o que fan é xogar ou durmir. É chocante ver cómo en determinados momentos da clase, podes atopar a catro ou cinco chinos botando unha soneca. Ás veces toda unha fila de asientos está no quinto sono.

Outro entretemento dos chinos é o xogo, pero uns xogos moi raros. Ó principio había un que xogaba a aparcar coches, pero o máis raro é unha raplaza que leva dúas semanas a acariciar na foto dun cadelo có punteiro do rato.

Bueno, de todos xeitos non fan algo tan malo. Polo menos fan menos ruido ca min, que non paro de teclear para encher de letras este blog (en horas de clase).