Archive for the Uncategorized Category

Pillow fight

Posted in Uncategorized on Decembro 24, 2008 by xandacona

O meu compañeiro de piso Benoit decidiu convocar unha pelexa de almofadas na praza do macdonalds. Ó fian asistimos menos dos que críamos, pero fomo suficientes para pelexar un rato. O máis raro é que a xente non se extrañou do que fixemos. Parecía como si todos eles fixeran iso bastantes veces e fose unha cousa normal. De todos xeitos, aquí vos deixo os vídeos para que decidades si é normal ou non. Foi ás 5:30 da tarde.

A carreira pola neve de Pepe e Mate

Posted in Uncategorized on Decembro 24, 2008 by xandacona

Na última festa do ano á que eu asistín, que por certo foi na miña habitación o día antes da miña partida, pasou isto:

Video moas dous

Posted in Uncategorized on Decembro 16, 2008 by xandacona

A bici-xeo – Outros xeitos de afociñar

Posted in Uncategorized with tags , , on Decembro 2, 2008 by xandacona

Onte foi un día máis. Un calquera. Frío. Soamente cambiou unha cousa. A madrugada foi distinta. A choiva desfixo a neve, que pouco a pouco tornou en xeo. Agora largas laxes de xeo cubren os longos camiños que me levan á universidade. Preto da segunda ponte, na explanada, uha gran pista de patinaxe aparece en fronte da miña bicicleta. Nin vires, nin frenes, nin aceleres, nin tusas. Non perdas a atención. Pero qué carallo é iso que camiña en fronte de min! Escorregazo! Afociñazo no chan. Mollado de arriba a abaixo.

Ergo a cabeza, aínda no chan, e vislumbro entre a borraxeira unha estraña silueta,  un axitado movemento, uns sons estalantes  e unha estravagante combinación de cores. Diante de min hai unha enorme rosa funda de contrabaixo. Uns dous metros e medio de cabo a rabo. Por debaixo dela vense os cincuenta centímetros inferiores dunhas esbeltas pernas de muller, con pantalón negro apretado e rematadas nuns zapatos de tacón de agulla modelo “noche de fiesta”, tamén negros. Semellante ente camiña sobre o cristalino xeo a pasos curtos, uns vinte centímetros por pasada. Con forza, bate os tacóns contra o chan, quizás coa intención de cravar o calzado en cada avance para asegurar a súa verticalidade. Tales choques provocan estralazos que resonan no xeo,  na paisaxe e no interior da miña mancada cabeza. Camiña como un pingüino. Como a miña dentista de cabeceira Doña Rita. Unha muller de metro vinte que a pesar de precisar unha prótese de cadrís usa zapatos máis altos cá ela. Pero isto non era unha muller. Era un contrabaixo rosa con zapatos de tacón camiñando coma un pingüino a oscuras polo xeo. I eu vexoo dende abaixo, metras a humidade se aproveita da miña abraiada inmovilidade para seguir calando na roupa. Se tivese unha cámara de tirar fotos aquí… Ninguén mo vai crer!

Como podo, deslízome ata a gabia arastrando comigo a bicicleta. Aquí o chan é menos escorregadizo. Monto nela e adianto ó contrabaixo. Terá cara? Non mires para atrás! Estás sobre a ponte e xa non hai gabia que vala. Non mires cara atrás. Non vaias afociñar de novo.

Aquí é donde vivo

Posted in Uncategorized on Novembro 17, 2008 by xandacona

localizacion-mikkeli

Este é o camiño dende a miña casa á universidade. A foto da universidade é vella e non sae o edificio no que estudo.

mapamikkeli1