Pois non hai máis explicación que amosar unhas fotos. Resulta que por aquí á xente non lle importa moito o frío. Para ir á sauna, á lavandería, dun apartamento ó outro, … usan calzado especial para a neve. A ver si consigo unha foto da alemá Kerstin, que sempre vai á sauna paseando en biquini e chanclas pola neve ainda que estemos a -4.
Archive for the Deporte Category
Un extraño deporte no MOAS
Posted in Deporte, MOAS with tags chanclas, chanclawalking on Novembro 29, 2008 by xandaconaA bici-neve
Posted in Deporte, Universidad with tags bici, bicicleta, neve, universidade on Novembro 29, 2008 by xandaconaA principio de semana, cando o dos afociñazos, saín algo tarde da universidade. Ás cinco da tarde xa era noite pechada. Estas son as imaxes do meu medio de trasporte e da universidade á ora de saír.
Afociñazo comentado por uha vella finesa
Posted in Deporte with tags bici-neve, bicicleta, neve on Novembro 26, 2008 by xandaconaHoxe tiven unha afoziñada de tipo curva. Cabeza na cuneta. Coma outra calquera se non fose porque hoxe tiven unha expectadora que decidiu comenta-la xogada. Cando eu estaba recompoñéndome e sacudindo a neve que aínda me quedaba entre a capucha e a cabeza, a muller dixo algo en finñes. Non estou seguro das verbas que a muller escolleu para decilo. Nen sequera estou completamente seguro do que dixo, pero fíxenme a idea de que era algo tal que así:
-Con que crías que viñas a Finlandia a estar sempre de festa e que a neve era igual de bonita que nas postais, ¿non sí?. Pois agora fódete. Vas a estar enterrando a cabeza na neve ata abril.
Parte de afociñazos
Posted in Deporte, Santtii Peemäälääinen with tags bicicleta, neve on Novembro 26, 2008 by xandaconaAfociñazos coa bicicleta:
Luns |
Martes |
Mercores |
TOTAL |
|
Curvas |
0 |
1 |
1 |
2 |
Frenadas |
0 |
1 |
0 |
1 |
Encalladas |
0 |
0 |
1 |
1 |
TOTAL |
0 |
2 |
2 |
4 |
É que montar na bici pola neve non é unha modadlidade de ciclismo, é un deporte novo. Un deporte extremo.
O freno traseiro da miña bicicleta non traballa ben. O de diante é o botón da catapulta; con solo rozalo, acabas no chan en décimas de segundo. Para frenar, o mellor é meterse na neve. Para frenar pouco, mete-las rodas na neve. Para frenar moito, mete-la cabeza.
Descripción das modalidades de caída:
- Curvas: Cando, cedo pola mañá, tomas as curvas como nunha bicicleta normal sen decatarte das propiedades do chan. Tes que levar a bici coma se fose un coche: non podes pegar aceleróns, frenadas nin xiros bruscos. Cun xiro brusco a roda vaise hacia o lado contrario e a túa cabeza acaba máis ou menos donde querías poñe-la roda.
- Frenada: Cando paras a bici afundindo a cabeza na neve porque pulsaches o botón da catapulta.
- Encallada: Chamaremos encallada ó estilo de caida no que afociñas sen facer nada:
- Metes as rodas nun feixe de neve virxe, que te frea de golpe. A neve insta á túa roda a seguir unha traxectoria diverxente da da túa cabeza. Roda para alí, cabeza para aquí, afociñada!
- Cando hai pisadas de xente ou marcas de rodas que crean irregularidades no firme. Normalmente estas irregularidades fan que a roda dianteira siga traxectorias non desexadas, mentres que a túa cabeza sigue a traxectoria que lle corresponde por inercia. Xa sabedes cómo sigue.