Parte de afociñazos

Afociñazos coa bicicleta:

Luns

Martes

Mercores

TOTAL

Curvas

0

1

1

2

Frenadas

0

1

0

1

Encalladas

0

0

1

1

TOTAL

0

2

2

4

É que montar na bici pola neve non é unha modadlidade de ciclismo, é un deporte novo. Un deporte extremo.

O freno traseiro da miña bicicleta non traballa ben. O de diante é o botón da catapulta; con solo rozalo, acabas no chan en décimas de segundo. Para frenar, o mellor é meterse na neve. Para frenar pouco, mete-las rodas na neve. Para frenar moito, mete-la cabeza.

Descripción das modalidades de caída:

  • Curvas: Cando, cedo pola mañá, tomas as curvas como nunha bicicleta normal sen decatarte das propiedades do chan. Tes que levar a bici coma se fose un coche: non podes pegar aceleróns, frenadas nin xiros bruscos. Cun xiro brusco a roda vaise hacia o lado contrario e a túa cabeza acaba máis ou menos donde querías poñe-la roda.
  • Frenada: Cando paras a bici afundindo a cabeza na neve porque pulsaches o botón da catapulta.
  • Encallada: Chamaremos encallada ó estilo de caida no que afociñas sen facer nada:
    • Metes as rodas nun feixe de neve virxe, que te frea de golpe. A neve insta á túa roda a seguir unha traxectoria diverxente da da túa cabeza. Roda para alí, cabeza para aquí, afociñada!
    • Cando hai pisadas de xente ou marcas de rodas que crean irregularidades no firme. Normalmente estas irregularidades fan que a roda dianteira siga traxectorias non desexadas, mentres que a túa cabeza sigue a traxectoria que lle corresponde por inercia. Xa sabedes cómo sigue.

Unha resposta to “Parte de afociñazos”

  1. […] A principio de semana, cando o dos afociñazos, saín algo tarde da universidade. Ás cinco da tarde xa era noite pechada. Estas son as imaxes do […]

Deixar un comentario