Arquivo para frío

Cós mocos conxelados pegados ó bigote

Posted in Mikkeli, Santtii Peemäälääinen with tags , , on Febreiro 16, 2009 by xandacona

Era un dia precioso. Soleado. Fíxose día ás 7:52. Reluce a neve que da gusto. Hoxe estreo guantes novos. merqueinos antonte e só os puxen da tenda á casa. Hoxe vai se-la prmeira vez que os use coa bicicleta. Como hoxe fai sol, vou levar unha camiseta de manga longa e a cazadora, en vez de camiseta de mangar corta, chaqueta e cazadora.

Saio uns minutos antes para tira-la basura e reservar hora para a lavandería. Son as 8:35 e ainda teño uns minutos. Aínda non puxen os guantes, e parece que non facía tanto calor. Ó entrar no corredor que leva á sala de lavandería noto un golpe de calor. Ó saír noto un golpe de frío máis forte do normal. Aquí pasa algo.

O candado da miña bicicleta adoita semellar un rabo de porco. É deses que son un cordón de fíos de aceiro. Deses que da moito traballo cortar. Ese tipo de candado que está enroscado e por moito que tires del, sempre volve á forma orixinal. Hoxe case non son capaz de dobralo para metelo no bolsilllo. Ese é o eu termómetro de tódalas mañás. Segun a rixidez do candado, así está of frío. Hoxe está moi duro.

De camiño parece que os novos guantes non serven para nada. Teño as puntas dos dedos conxeladas. Cústame apreta-lo freo da bicicleta. Os baqueiros están tan ríxidos que semella que van escachar. Ó pouco sinto o bigote duro. Botolle o guante e vexo que levo escarcha baixo o nariz.

Cando chego á universidade miro o panel do termómetro. Menos dazaseis graos! Agora comprendo eu… Pois mira que fai un sol xeitosiño… Cando chego a clase comprobo que en Rovaniemi están a -27. A ver se suben as temperaturas alí, que pó sábado vou para Laponia. Xa vos contarei a viaxe.

Primeira nevada da temporada

Posted in MOAS, Santtii Peemäälääinen with tags , , on Novembro 17, 2008 by xandacona

Hoxe amenceu nevado por primeira vez dende que estou aquí. Onte pola tardiña xa estivo nevando un pouco e chegou a callar sobre os coches. Pero hoxe á mañá é diferente. Todo o asfalto está coberto de neve. As zonas con herba tamén están conxeladas. Non é unha capa de neve que sirva para xogar con ela nen para parar o tráfico, pero é neve e xa tinguiu Mikkeli de branco. Non o digo ledo ou excitado. É un dado meteorolóxico que significa que vou a ter que deixar de ir en bicicleta á universidade.17112008primeira_nevada-004_pequena

A foto foi tomada ás 8 da mañá, máis ou menos, sen flash e con sensibilidade ISO-Hi dende o meu balcón, na segunda planta. Non hai moita luz. O caseto aquél é donde metemos a basura.
A seguinte foto é dende a xanela do meu apousento.

17112008primeira_nevada-006_pequena

Pois sí, parece que me caen as piñas no tellado…

Santtii Peemäälääinen 09.10.2008

Posted in Santtii Peemäälääinen with tags , on Outubro 9, 2008 by xandacona

Chuvascos

Termómetro da universidade: +1 graos [8:00]

Estación meteorolóxica: +0 graos, humidade relativa do 99% ás [08:00]

Amanece máis tarde. Chove máis. Fai máis frío. Na bicicleta a 0ºC. Dalle máis rápido que chegas tarde. Desaiuno nos pés. Espanjalainen are allways late.

Santtii Peemäälääinen 08.10.2008

Posted in Santtii Peemäälääinen with tags , on Outubro 8, 2008 by xandacona

Despexado

Termómetro da universidade: +2 graos [8:00]

Estación meteorolóxica: +1 graos, humidade relativa do 99% ás [08:00]

En Ponteareas: 10°C Néboa; Vento: SO a 8 km/h Humedade: 100% [11:15]

En Ourense: 12°C Néboa; Vento: 0 km/h Humidade: 76% [11:15]

Comézaseme a cair a pel das másns en tiras. Xa teño crema hidratante e úsoa a menudo. Ademáis sempre ou case sempre uso os guantes para ir na bici. Ainda así teño as mans secas e escamadas coma un bacallao salgado.

Santtii Peemäälääinen 26.09.2008

Posted in Santtii Peemäälääinen with tags , on Setembro 26, 2008 by xandacona

Despexado

Termómetro da universidade: +0 graos [8:00]

Estación meteorolóxica: 3 graos, humidade relativa do 92% ás [09:00]

Parece que comeza a facer frío. Hoxe vin en bicicleta e había brétema na superficie lo lago que está de camió á universidade. Como un metro de brétema pousado sobre a auga. Foi a primeira vez que sentín que có frío se me iban a conxelar as ourellas e a caer desfeitas en anacos. En resumen, xa fai un frío de carallo.