Cós mocos conxelados pegados ó bigote

Era un dia precioso. Soleado. Fíxose día ás 7:52. Reluce a neve que da gusto. Hoxe estreo guantes novos. merqueinos antonte e só os puxen da tenda á casa. Hoxe vai se-la prmeira vez que os use coa bicicleta. Como hoxe fai sol, vou levar unha camiseta de manga longa e a cazadora, en vez de camiseta de mangar corta, chaqueta e cazadora.

Saio uns minutos antes para tira-la basura e reservar hora para a lavandería. Son as 8:35 e ainda teño uns minutos. Aínda non puxen os guantes, e parece que non facía tanto calor. Ó entrar no corredor que leva á sala de lavandería noto un golpe de calor. Ó saír noto un golpe de frío máis forte do normal. Aquí pasa algo.

O candado da miña bicicleta adoita semellar un rabo de porco. É deses que son un cordón de fíos de aceiro. Deses que da moito traballo cortar. Ese tipo de candado que está enroscado e por moito que tires del, sempre volve á forma orixinal. Hoxe case non son capaz de dobralo para metelo no bolsilllo. Ese é o eu termómetro de tódalas mañás. Segun a rixidez do candado, así está of frío. Hoxe está moi duro.

De camiño parece que os novos guantes non serven para nada. Teño as puntas dos dedos conxeladas. Cústame apreta-lo freo da bicicleta. Os baqueiros están tan ríxidos que semella que van escachar. Ó pouco sinto o bigote duro. Botolle o guante e vexo que levo escarcha baixo o nariz.

Cando chego á universidade miro o panel do termómetro. Menos dazaseis graos! Agora comprendo eu… Pois mira que fai un sol xeitosiño… Cando chego a clase comprobo que en Rovaniemi están a -27. A ver se suben as temperaturas alí, que pó sábado vou para Laponia. Xa vos contarei a viaxe.

Deixar un comentario