Salvemo-la informática
Posted in Uncategorized on Novembro 25, 2008 by xandaconatabla
Posted in Uncategorized on Abril 19, 2009 by xandacona| People with | Internet access (%) |
| No disability |
56,7 |
| A disability |
28,4 |
| Learning disability |
42,2 |
| Difficulty in using hands |
22,5 |
| Hearing problems |
27,2 |
| Vision problems |
21,1 |
Cós mocos conxelados pegados ó bigote
Posted in Mikkeli, Santtii Peemäälääinen with tags -16, clima, frío on Febreiro 16, 2009 by xandaconaEra un dia precioso. Soleado. Fíxose día ás 7:52. Reluce a neve que da gusto. Hoxe estreo guantes novos. merqueinos antonte e só os puxen da tenda á casa. Hoxe vai se-la prmeira vez que os use coa bicicleta. Como hoxe fai sol, vou levar unha camiseta de manga longa e a cazadora, en vez de camiseta de mangar corta, chaqueta e cazadora.
Saio uns minutos antes para tira-la basura e reservar hora para a lavandería. Son as 8:35 e ainda teño uns minutos. Aínda non puxen os guantes, e parece que non facía tanto calor. Ó entrar no corredor que leva á sala de lavandería noto un golpe de calor. Ó saír noto un golpe de frío máis forte do normal. Aquí pasa algo.
O candado da miña bicicleta adoita semellar un rabo de porco. É deses que son un cordón de fíos de aceiro. Deses que da moito traballo cortar. Ese tipo de candado que está enroscado e por moito que tires del, sempre volve á forma orixinal. Hoxe case non son capaz de dobralo para metelo no bolsilllo. Ese é o eu termómetro de tódalas mañás. Segun a rixidez do candado, así está of frío. Hoxe está moi duro.
De camiño parece que os novos guantes non serven para nada. Teño as puntas dos dedos conxeladas. Cústame apreta-lo freo da bicicleta. Os baqueiros están tan ríxidos que semella que van escachar. Ó pouco sinto o bigote duro. Botolle o guante e vexo que levo escarcha baixo o nariz.
Cando chego á universidade miro o panel do termómetro. Menos dazaseis graos! Agora comprendo eu… Pois mira que fai un sol xeitosiño… Cando chego a clase comprobo que en Rovaniemi están a -27. A ver se suben as temperaturas alí, que pó sábado vou para Laponia. Xa vos contarei a viaxe.
Pillow fight
Posted in Uncategorized on Decembro 24, 2008 by xandaconaO meu compañeiro de piso Benoit decidiu convocar unha pelexa de almofadas na praza do macdonalds. Ó fian asistimos menos dos que críamos, pero fomo suficientes para pelexar un rato. O máis raro é que a xente non se extrañou do que fixemos. Parecía como si todos eles fixeran iso bastantes veces e fose unha cousa normal. De todos xeitos, aquí vos deixo os vídeos para que decidades si é normal ou non. Foi ás 5:30 da tarde.
A carreira pola neve de Pepe e Mate
Posted in Uncategorized on Decembro 24, 2008 by xandaconaNa última festa do ano á que eu asistín, que por certo foi na miña habitación o día antes da miña partida, pasou isto:
A bici-xeo – Outros xeitos de afociñar
Posted in Uncategorized with tags contrabaixo rosa, cousas que ninguén me vai crer, matutinidade abraiosa on Decembro 2, 2008 by xandaconaOnte foi un día máis. Un calquera. Frío. Soamente cambiou unha cousa. A madrugada foi distinta. A choiva desfixo a neve, que pouco a pouco tornou en xeo. Agora largas laxes de xeo cubren os longos camiños que me levan á universidade. Preto da segunda ponte, na explanada, uha gran pista de patinaxe aparece en fronte da miña bicicleta. Nin vires, nin frenes, nin aceleres, nin tusas. Non perdas a atención. Pero qué carallo é iso que camiña en fronte de min! Escorregazo! Afociñazo no chan. Mollado de arriba a abaixo.
Ergo a cabeza, aínda no chan, e vislumbro entre a borraxeira unha estraña silueta, un axitado movemento, uns sons estalantes e unha estravagante combinación de cores. Diante de min hai unha enorme rosa funda de contrabaixo. Uns dous metros e medio de cabo a rabo. Por debaixo dela vense os cincuenta centímetros inferiores dunhas esbeltas pernas de muller, con pantalón negro apretado e rematadas nuns zapatos de tacón de agulla modelo “noche de fiesta”, tamén negros. Semellante ente camiña sobre o cristalino xeo a pasos curtos, uns vinte centímetros por pasada. Con forza, bate os tacóns contra o chan, quizás coa intención de cravar o calzado en cada avance para asegurar a súa verticalidade. Tales choques provocan estralazos que resonan no xeo, na paisaxe e no interior da miña mancada cabeza. Camiña como un pingüino. Como a miña dentista de cabeceira Doña Rita. Unha muller de metro vinte que a pesar de precisar unha prótese de cadrís usa zapatos máis altos cá ela. Pero isto non era unha muller. Era un contrabaixo rosa con zapatos de tacón camiñando coma un pingüino a oscuras polo xeo. I eu vexoo dende abaixo, metras a humidade se aproveita da miña abraiada inmovilidade para seguir calando na roupa. Se tivese unha cámara de tirar fotos aquí… Ninguén mo vai crer!
Como podo, deslízome ata a gabia arastrando comigo a bicicleta. Aquí o chan é menos escorregadizo. Monto nela e adianto ó contrabaixo. Terá cara? Non mires para atrás! Estás sobre a ponte e xa non hai gabia que vala. Non mires cara atrás. Non vaias afociñar de novo.
Advanzadillos
Posted in Asignaturas, Universidad, clases on Novembro 29, 2008 by xandaconaTemos unha asignatura que se chama Advanced Computational Methods. Estamos a aprender a traballar coa derivada de Laplace e algunhas cousiñas máis. Sólo uns cantos espavilados decidimos facer esa asignatura, coitados de nós. Isto provocou que Alex dixese que a materia era só para advanzadillos, polo que lle quedou ese nome. Aquí estan os meus tres compañeiros de clase.
Un extraño deporte no MOAS
Posted in Deporte, MOAS with tags chanclas, chanclawalking on Novembro 29, 2008 by xandaconaPois non hai máis explicación que amosar unhas fotos. Resulta que por aquí á xente non lle importa moito o frío. Para ir á sauna, á lavandería, dun apartamento ó outro, … usan calzado especial para a neve. A ver si consigo unha foto da alemá Kerstin, que sempre vai á sauna paseando en biquini e chanclas pola neve ainda que estemos a -4.
A bici-neve
Posted in Deporte, Universidad with tags bici, bicicleta, neve, universidade on Novembro 29, 2008 by xandaconaA principio de semana, cando o dos afociñazos, saín algo tarde da universidade. Ás cinco da tarde xa era noite pechada. Estas son as imaxes do meu medio de trasporte e da universidade á ora de saír.
Afociñazo comentado por uha vella finesa
Posted in Deporte with tags bici-neve, bicicleta, neve on Novembro 26, 2008 by xandaconaHoxe tiven unha afoziñada de tipo curva. Cabeza na cuneta. Coma outra calquera se non fose porque hoxe tiven unha expectadora que decidiu comenta-la xogada. Cando eu estaba recompoñéndome e sacudindo a neve que aínda me quedaba entre a capucha e a cabeza, a muller dixo algo en finñes. Non estou seguro das verbas que a muller escolleu para decilo. Nen sequera estou completamente seguro do que dixo, pero fíxenme a idea de que era algo tal que así:
-Con que crías que viñas a Finlandia a estar sempre de festa e que a neve era igual de bonita que nas postais, ¿non sí?. Pois agora fódete. Vas a estar enterrando a cabeza na neve ata abril.




